Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

A RÚA É MIÑA

 

  A Delegada do Goberno de Madrid resucita aquela frase do franquismo “A rúa é miña” e agora que o PP goberna quere modular, é dicir, prohibir as manifestacións en contra do goberno. No fai moito que estes fascistas tomaban a rúa, pro que lles bastaba o mínimo pretexto. As hemerotecas gardan o testemuña das manifestacións da AVT, da airexa presidida por Rouco, ou as convocadas polo mesmo Rajoy. Non teñen desperdicio as imaxes da concentración diante do Parlamento de Galiza, con Feijoo á cabeza, cando era oposición. Agora a Delegada do Goberno suxire modular o dereito de manifestación. Cando intento aprende o verdadeiro significado dunha palabra dos políticos do PP, saen con outra nova. Isto de modular equivale a prohibir. Solo poderemos pararnos na rúa pra ve-los pasos das procesións

 

0 comentarios