!HAI QUE VER!
Hai que ver como as gastan os pijos peperos, amparándose na súa inmunidade parlamentaria pra insultar o xuiz Pedraz por non ser servil ó goberno e ditar unha resolución que non lle gusta ó PP . A crítica do Deputado do PP evidencia a fonda decadencia e alonxamento destes políticos que se apropiaron das Institucións e arróganse a facultade de determina-lo que está ben ou mal. Este despropósito danos idea da man de quen estamos. Ó fin íspense e amósanos a súa verdadeira cara. Nunca creron na democracia; solo simularon. O prepotente e antideomcrata sr Hernando debe ser cesado por non respeta-la independencia do Poder Xudicial e ampararse na súa inmunidade parlamentaria pra insultar e lanzar proclamas fascistas contra do Estado de Dereito. Faise necesaria a disolución do Parlamento e a apertura dun proceso constituinte,depurando o sistema
0 comentarios