Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

IVEN NOUTRA DIMENSIÓN

IVEN NOUTRA DIMENSIÓN

  Lóxico que un parado queira que os políticos tamén vaian ó paro; iso, ó fin, é un principio de igualdade; quen non o comparte esa idea está a comportarse como pertencente a unha casta social que non lle preocupa o paro, e si os seus privilexios. En España teñen que desaparecer moitos postos de políticos; temos mais que países que nos triplican a poboación. Nada de sabándixas que chuchen o sangue do pobo. A xente esta queimada, está decepcionada; Feijoo prometeulles acabar co paro en 45 días e  cumpriu, vaia si cumpriu. O que ocorre é que non lle entenderon ben; a promesa referíase so  pra determinada xente do partido. Todos recordaran aquelas probas selectivas, nas que se inscribiron certos opositores, pro que lles deu un novo prazo,. Os novos matriculados, que casualmente aprobaron cos primeiros números en tan solo 45 días. Os  que fixeron oposicións saben que son necesarios un ou dous anos de preparación, ou mais; pero eles, como dicía un presidente de Deputación do PP, teñen uns xenes especiais. Pese o lea que se armou, nunca mais se soubo do caso. De asesores, de persoal de confianza, en empresas da Xunta, en chiringuitos, en asesorías, etc. Ten empregada unha cantidade inmensa de xente. A nade lle oín que van a facer unha limpeza. Que siga a festa.

 

 

0 comentarios