Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

OS CONTRATOS FANTASMA

OS CONTRATOS FANTASMA

 

  Peña Nieto, Presidente electo de México visitou España, e foi partícipe involuntario nas eleccións galegas.  Nun xesto pouco diplomático, foi constrinxido polo goberno español pra que ratificara a versión de Feijoo sobre os contratos de construción de buques pra PEMEX. Peña  Nieto  non confirmou que estes contratos estean pechados, nin amosou papel algún no que se documenten os aludidos contratos, antes ben, contestou con evasivas, afirmando que se comprometera co goberno español pra que continuaran as xestións entre PEMEX e os asteleiros galegos. Mais claro auga. É dicir, están en negociación. Non hai ningún contrato pechado. Incluso na páxina web de Pemex faise referencia a un compromiso, con cláusulas  suspensivas, que se arredan  de calquera contrato firme. Por iso Feijoo non o amosou.

0 comentarios