TEMPO QUE REMATA
O que nos trouxo o tempo que remata, preñado de promesas, presumindo de cousas feitas, que nade viu. Feijoo tan obsesionado está polas contas, que el exhibía como o se maior logro, que o descubrirlle o Tribunal Económico as súas trampas, foi como se o deixaran coas partes íntimas o aire. Sentiu a necesidade de lava-los trapos sucios, que compareceu nunha amañada rolda informativa na televisión da Voz de Galicia, con preguntas amañadas e entrevistadores coidadosamente adiadestrados, facendo un balance, que podía causar unha doenza cerebral, o que o escoitara, porque non se sabía de que país falaba, facendo promesas vellas e, sobretodo, facendo unha magnífica interpretación teatral daquela parodia política. Tamén vin a imaxe dun acto electoral de Feijoo, con profusión de xente currante, especialmente xubilados cunha cara de felicidade inmensa como se viran o seu creador; entón comprendín porque Rajoy é fai recaer os recortes en cousas que afectan á xente mais necesitada. Os galegos, diante do tempo escuro, agarrámonos ó coidado dos señores, como si en nos espertase un atavismo histórico de servos
1 comentario
Pedra da Serpe -
O mellor de todo: a caradura do PP dicindo que puñer en duda o seu goberno eran críticas a Galicia. Cojonudo!!!