LEAS PARLAMENTARIAS
Despois de ve-lo aburrido que foron as sesións do Parlamento Galego durante a pasada lexislatura, na que Feijoo contou cunha descafeinada oposición, que a facía calar cuns cantos ladridos; a lea que se armou no Parlamento da CA de Madrid, onde o portavoz socialista lle votou en cara ó do PP que os fascistas lles quitaran a infancia a unha xeneración de españois, e agora os seus herdeiros lles quitaban as pensións, a sanidade e os servizos sociais a aquela xeneración. Certo que hai moitos cadáveres en tódolos armarios. Iso fai necesaria un apertura das portas pra que entre o aire fresco, ó que sempre se opuxo o PP. Dese xeito, mentres non encaremos a historia, os cadáveres seguiran aí pra amolarnos
0 comentarios