A LOITA SEGUE
Un amigo meu de fora de Galiza, a propósito das eleccións, declame que non entendía ós galegos; cómo despois das facaltruadas de Feijoo, non solo sacaba maioría absoluta, senón que a incrementaba. Pode que o pobo galego sexa un pobo masoquista, que canto mais lle dan polo cu mais se agacha. Pode que o constante bombardeo de publicidade, no último ano a Xunta gastou nesta labor 20 millóns de euros, lles fixeran crer ós galegos que vivían nun mundo marabilloso, gobernado con sabiduría e honradez. A min tamén me costa entender que teñan que paga-lo transporte pra asistir a un tratamento do cangro, e tratándose de votar, non solo lle poñen transporte gratuíto, senón tamén lle poñen un asistente. O problema da persoalidade galega, deixando á marxe ós liberados, é que é un pobo que aínda segue vivindo na servidume, que non soltou aínda as cadeas do servilismo; como senón, a un pobo que lle menten que lle quitan o futuro, que o maltratan, aínda segue baixando o cerviz e apoiando os seus maltratadores. Pasamos do tópico do galego paleto e a criada en Madrid ó xubilado, que se empastilla e vota compulsivamente ó PP como se fora un analxésico. Non se debe esquecer aquela viñeta de Castela na que un galego dicía que tíñamos que salvar España. As manifestacións contra da política do goberno, os problemas nas nacionalidades históricas, quizá fixo renacer aquela vocación salvadora. Pero, ¿?quén nos salvara a nos?. Invoco a un SER superior, si o hai, pra que nos axude neste calvario
3 comentarios
Manolo Tobeira -
Veremos se os da AGE son capaces de continuar como partido, montando unha estrutura máis estable, e si son capaces de seguir a conectar co crecente descontento cidadán, tanto coa situación xeral como cos propios partidos políticos.
Beiras ten un grande olfato político. Teño a esperanza de que saiba interpretar o que a xente lle pide e faga do seu partido unha verdadeira alternativa ao poder hexemónico do PP, si non a nivel galego, cando menos nas provincias atlánticas. Veremos
Castrelos con cachelos -
Non vos rindades nunca
Leboirán -
É moi difícil loitar contra un aparato mediático tan poderoso como o que serve á esquerda, contra o "país de yupi" que presenta a galega día si e día tamén, contra os cibervoluntarios peperos nas redes, todo son obstáculos para abrirse paso. Todo iso é certo. Unha realidad incuestionable.
Pero, existe realmente unha alternativa viable ao PP en Galicia?
Vexamos: as formas galegas son un fato de utópicos románticos anti-sistema. Non discuto que teñan máis ou menos razón, pero o certo é que non reciben adhesións multitudinarias. A única forza, digamos moderada no espectro da esquerda é...o PSDG-PSOE, e trátase dun partido esnaquizado en varias familias, un todos contra todos do que saen todos escaldados. Por riba non deixa de ser unha forza españolista tutelada dende Ferraz.
Por iso gaña o PP. A xente ten moi asumido o de "maís vale malo coñecido".