Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

GALIZA NON SE RENDE-I

GALIZA NON SE RENDE-I

  Loitamos, puxemos ilusións, pero perdemos. Levantarémonos do cha pra seguir loitando. Galiza non se rende. O galeguismo esnaquizado, unha esquerda desnortada non facían presaxiar nada bo. O contexto electoral, cunha situación económica catastrófica; un goberno do estado, pregado de ineptos; un goberno da Xunta sen programa e sempre mentindo, facía concibir esperanzas de que algo podía ocorrer. O final si ocorreu, o PP volve sacar maioría absoluta. Certo é que perdeu 150.000 votos, que os botos obtidos son unha quinta parte dos galegos. Tamén PSOE e BNG perderon moitos votos; así que todos perderon, os que mais os galegos. É difícil loitar contra da maquinaria mediatica e propagandística do PP. Pensar que no ano das eleccións gastaron case 20 millóns de euros en engraxa-lo aparato mediatico, por supostos con cartos nosos, o cal é indignante, da poucas esperanzas.  Cando leo un comentario no PAIS sobre a presentación dos orzamentos que fixo Montoro, sinto unha terrible vergonza, non de  vivir no pais ó que amo, senón dos conciudadanos que teño a desgraza de convivir. Dicía un comentarista. Crese o Ministro que todos somos galegos, uns imbéciles que se nos pode en ganar e consegui-los nosos votos...-Isto segue, entre outras cousas, quero facer referencia a comentarios de lectores do blog, mañá vémonos

1 comentario

jkmorrazo -

O pior é a fama de parvos que nos caí quedar òs galegos. Non sin razón