GALIZA NON SE RENDE-II
É imprescindible, é urxente que as bases falen, que os dirixentes se retiren ou se vaian ó paro, que a UPG deixe voar ó Bloque. Un comunismo ortodoxo como o da antiga Albania, que encorsete a militancia, vivindo fora da realidade do país, ten pouco futuro. Non deben crerse os de Beiras no camiño de rosas porque tiveran un notable éxito electoral, produto dunhas circunstancias puntuais e beneficiados polo carisma de Beiras, ó que todos veneran en Galiza; pero a realidade é que Beiras vai pros oitenta anos, e Galiza non se pode acabar con él. Beiras é e o único que pode liderar unha catarses do nacionalismo pra que tódalas familias galeguistas pensen en Galiza e pospoñan as súas particulares ideas da organización. Compromiso x Galiza ten que ser unha pata mais dun novo proxecto galeguista, que o que menos importa é como se chame . Un comentarista do blog, logo de dicir que é moi difícil loitar contra da propaganda do PP, pregúntase si realmente existe unha alternativa viable ó PP, xa que uns románticos antisitema non son tal. A loita continúa di, outro, e preguntase si o grupo de Beiras se manterá, ou rematará nun soño. Eu estou de acordo en todo, o mesmo co que di que hai que seguir loitando; porque perdemos unha batalla, pero segue a guerra
1 comentario
Retrincos -
Todo isto é a medio prazo, ao curto a batalla está perdida de antemán.
Pola contra se queren poñer o carro diante dos bois ou pensan que poden atropellar ao PP, co poder que todavía retén nas institucións (e todos os mecanismos que iso supón: axudas, subvencións, contratos...etc.), mal vamos.
A modiño, sen prisa, pero sen pausa.