Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

SAMAIN 212

SAMAIN 212

 

  Pasados os anos escuros do franquismo, recupérase unha celebración ancestral, común os países celtas, O SAMAIN. Na cultura anglosaxona, especialmente en
Norteamérica, a festa do SAMAIN chámanlle halloween. O Samain, o mesmo
tempo que era a celebración do final das colleitas tamén era unha oración os
defuntos, que regresaban nesa data pra visitar o mundo no que viviran. Foi,
cecais, esa lembranza os antepasados mortos o que mais perviviu na vida dos
galegos na época do franquismo, sempre dentro dunha clandestinidade familiar;
dende a Santa Compaña, da que se admitía a súa existencia, a deixar o lume acendido e a mesa posta, a noite do Samaín, pra que se quentaran e comeran, que
nada lles falte na visita a que foi a súa casa, as almas dos defuntos da casa.
O Samaín representaba, no culto ós defuntos, unha porta aberta ó outro mundo.
Por esa especie de porta estelar viñan a este mundo os espíritos dos antepasados mortos, logo, pola mesma porta estelar regresaban o seu mundo de mortos, unha vez concluídos os actos do Samain



 

0 comentarios