Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

EXITO NO CAOS

EXITO NO CAOS

 

 

  Un feito incuestionable é  que Feijoo sacou unha cómoda maioría absoluta, pero non é menos  certo é que con ríspeto ás anteriores eleccións  perdeu 150.000 votos. A  súa salvación foi a división da oposición e, o afundimento do PSOE e o BNG. A  procedencia dos votos de Feijoo é eminentemente rural, de tal xeito que extrapolando os resultados a unhas eleccións locais perdería   en tódolos núcleos urbanos. Mais   que nunca ten que poñerse  a boina. A abstención, xunto cos votos nulos e brancos, evidencian unha intencionalida política de desprestixio da Institución. Pouco valeron as viaxes e as subvencións a diasporan, onde a absgternción foi do 97,5%. O carreto de votantes en zonas rurais e a influencia electoral dos caciques da boina, xunto co masivo envío de SMS en vésperas de eleccións, anunciando a concesión de subvencións, moitas das que non chegaron a facerse efectivas, evidencian unha manipulación pouco respetuosa coa  democracia.  Por certo, moitos acarreamentos fixéronse cunha flota de Audis Intírgame saber donde sairon.

2 comentarios

Sestayo Ródenes -

Sen dúbida, o PP favoreceuse da dispersión do voto na esquerda, do feito de que o PSOE presentara un candidato que boa parte das súas bases non aprobaban (o que se chama pegarse un tiro no pe), e tamén de que a UPG non entendera que o pulso que lle botou Beiras ía moi en serio.
As alternativas presentadas á dereita tan só callaron entre os votantes de esquerda, restándose votos uns aos outros, e como queira que o sistema d'hont favorece ao partido máis votado, pois o resultado foi o que foi: como di o autor, a vitoria nun caos, ou dito de outro xeito: a río revolto ganancia de pescadores.
Incrible, Frijol ten tanta sorte que a oposición xa se fai a oposición a si mesma. El só se encarga de recoller os frutos

Vincios -

Ben faría o PP en non crerse que teñen todo gañado porque o excesivo peso das provincias interiores na representación parlamentaria fixeron esta vez que a balanza se desnivelase por demáis. Frijolito sábeo, e por iso cada vez estará máis preso dos caciques da boina, principalmente do clan dos baltaríns, que o teñen cada vez máis collido polos güevos.
Con todo, o millor que podía pasar é que marchara para Madrid, o o PP terminara por convertirse nunha xaula de grillos. Logo que se riran do BNG ou do PSOE....en todos os lados cocen fabas. A diferencia é que o PP ata o de agora ten poder para repartir entre todas as súas familias, e por iso van todos tan xuntiños, como cando ainda vivía o Patrón.
Saúde