Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

DA ESPAÑA PROFUNDA Á GALIZA PROFUNDA

DA ESPAÑA PROFUNDA Á GALIZA PROFUNDA

 

   Nade debe tomar o seguinte relato como unha manifestación en contra da Airexa Católica. O certo é que os feitos que se contan son propios daquelas sociedades nas que a ignorancia, a superstición  e o escurantismo fai presa, e intentan explicarse fenómenos descoñecidos recorrendo á relixión. Así dous fenómenos, en Murcia e en Galiza tiveron semellanzas no seu desenrolo. En Murcia, un inminente pedrisco ameaza ós cultivos. Unha procesión percorre os campos, rezando e repetindo “ Satanás os froitos da terra non te levarás”. Un veciño da pedanía, ateo confeso, dispara cohetes pra rompe-la tormenta e evita-- o pedrisco. Resultado.: a finca do ateo non sofre o pedrisco. Na Galiza profunda unha vaca está parindo. A cousa vai mal. Cría e  vaca poden morrer. O carón da vaca, todo o pobo, co cura á cabeza, reza. A vaca morre. Dia mais tarde, noutra casa do pobo repítese unha escea similar, pero o cura pídelles que recen con mais fe. Naquela casa hospedábase a mestra, que non comprendía que unha cousa que era do veterinario se arranxara con rezos. Así que, pola súa conta decidiu ir a busca-lo veterinario, e  pediulle a un raparigo da casa que aparellara o cabalo e a acompañara á vila. A muller, moi áxil, dun salto subiu ó cabalo. Dirixíndose ó rapaz díxolle: “viches a miña axilidade”. –Si, pero aquí chámanlle a cona. A mestra fixo que non oíra e emprendeu a marcha. O veterinario veo no se land rover. Votou a xente fora, onde quedou esperando acontecementos. O veterinario salvou  vaca e a cría. Os rezos, se pre algo serven e pra salva-la alma, do que a teña, o demais é cuestión de ciencia. O dono da vaca quedoulle agradecido á mestra. Esta, pediulle un favor: que votara o rapaz a estudar á capital, porque era moi bruto

0 comentarios