Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

RESCATE AUTONÓMICO

 

  En mellores  condicións que  acudir ós mercados, o chamado rescate autonómico,  foi pedido por case tódalas autonomías. Galiza é unha excepción; presa das mentiras de Feijoo, perde unha boa oportunidade de sanear o Tesouro autonómico. A maioría dos expertos coinciden, a falta de datos oficiais, en estima-las necesidades de tesourería entre os 900 e os 1.200 millóns de euros, aquí comprenderíase o custo da construción do hospital de Vigo.  Feijoo xa anunciou dous anos de duros   axustes, o que ven a confirmar as deficiencias de tesourería. Ó informe Orza, no que se admite un desfase de 400 millóns de euros, hai que sumarlle o peloteo de facturas sen pagar, que pasaron dun exercicio a outro, pra cadra-las contas dentro dun déficit contable admisible. Foi un exercicio de enxeñería; do que veremos como diantres saímos

1 comentario

Sartalo -

Valente Cholo Orza, que sabendo que se ía deste mundo, non quixo marchar sen deixar un bo pullazo ao mentirán de Feijoó, descubrindo no informe do Consello de Contas o tremendo buraco que teñen as contas presuntamente tan cristalinas da Xunta.
Mágoa que no Consello haxa moito estómago agradecido que mira cara os biosbardos en vez de enmendarlle a plana a esta banda que ocupa San Caetano, trapalleiros donde os haxa. E por riba de todo, creénse as súas propias mintiras...e hai xente que as suscribe. País de imbéciles.