Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

AS MENTIRAS NOS MEDIOS DE COMUNICACIÓN

 

  As mentiras nos medios de comunicación, independentemente da súa finalidade, debían  estar tipiflicadas como delito no código penal e ser obxecto de persecución penal de oficio.  Mentres non haxa unha responsabilidade penal dos directores  dos medios de comunicación, cousa que vai ser difícil, imos ter que aprender a ler, ver e escoitar con criterio crítico, cousa difícil nun  país cun alto nivel de analfabetos funcionais. Por exemplo no diario LA VOZ recollíase unha información, segundo a cal, nas touradas celebradas na Coruña houbera grandes colas pra adquirir entradas. Nada certo. O lobby taurino, por un lado, e o concello por outro, intentaban xustifica-lo apoio económico, con diñeiro público ó evento, mentres se recorta en asuntos fundamentais. Cousa semellantes vémolas a cotío, xa procedan de sectores económicos, ou políticos.

 

1 comentario

Breixo -

As touradas hai moito tempo que deixaron de ter sitio en España, principalmente en territorios con escasa tradición neste tipo de festexos (se poden ser chamados como tales). Por iso resulta significativo o apoio que o PP lles brinda sempre que pode, porque as interpreta como parte dunha especie de identidade patria que teñen no seu imaxinario de país "una grande y libre". Ridículo.
Ao final tan só acuden catro cacatúas ou un feixe de rapaces borrachos como sucede en Pontevedra.
Que fagan o que queiran, cada un é moi libre de facer o idiota da manera que queira. Pero non subvencionado cos cartos de todos. E máis nos tempos que corren