Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

XA SE ESQUECERON

 

   No fragor da  batalla política, previa as eleccións, había promesas de felicidade pro pobo, de trallar por el. O resultado amargo  pra uns, veu a demostrar que é mais importante que o pobo crea as mentiras de uns,  que as boas intencións de outros. O resultado da  contenda electoral, con todo, amosou que o pobo non se fía das promesas, das que xa está escaldado, e igual que o santo, desconfía cando a esmola é moita, tamén  desconfía das promesas de fartura. Co 27,5 % do censo Feijoo ten asegurados outros catro anos pra seguir amolando o país. Non é cousa de ideas como di o alcalde de Pontevedra, é cousa de persoas, de cartos e, sobretodo, marrullerías.

0 comentarios