Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

O PARTO DOS MONTES

O PARTO DOS MONTES

 

  Pra reforma-la constitución pra contenta-los mercados,  chegoulles un momento, sen consulta popular, de noite e con alevosía.  Despois de levar dous anos poñendo obstáculos ás propostas de outros grupos parlamentarios, PP e PSOE simulan unha sudorosa xornada de traballo pra afronta-lo problema dos desafiuzamentos.  Aínda así, fan, que tras unha durísima negociación, non chegaron a un acordo Non teñen vontade de solucionalo problema, e non atopan xeito de vendernos a moto, ademais, a banca, que lles financia, tenos collidos polos collóns e non lles deixa salta-lo guíon. Porque unha cousa está clara, queren que a nova criatura siga favorecendo ós bancos, a xente pouco lles importa. Non lles conmoveron os desafiuzamentos, nin os suicidios; foi a presión social o que os preocupa e que, a pesar súa, se moven. A cousa é sinxela, si os bancos fixeron unha valoración cando deron a hipoteca froito desa valoración houbo ese negocio xurídico, ¿ a qué ven agora unha nova valoración? . Tamén si lles estamos dando cartos, ¿por qué non se rescatan as familias, mediante créditos brandos?, ¿ ou non se crea unha bolsa de aluguer  cos pisos dos desafiuzamentos , mediante unha sociedade pública de aluguer, que sería a propietaria dos pisos?                                 

0 comentarios