Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

OS VIOLENTOS

OS VIOLENTOS

 

 

Sempre se dixo que a violencia enxendra violencia. A policía en Madrid reparte paus. Grupos violentes provocan o caos en Madrid. Un viandante apartouse da rúa por onde corría a policía e os manifestantes e recibiu, na súa atalaia, un pelotazo da policía, que deu con el no chan.  En Tarragona os mossos  golpean a un menor. Unha menor que lle afeou o policía o golpe que lle dera ó neno, recibiu,  por resposta,   unha malleira de tres policías. A violencia dos mossos xa é algo mítico. Sería de esperar que eses violentos policías, que non saben actuar cun mínimo de proporción fora expulsado do corpo. Pero xa temos a experiecia de que iso non ocorrerá. Tamén a policía o sabe. Considérase inmune, o que unido a ese estado de ceguera por droga lles leva a cometer esas barbaridades. De qué outra maneira, se non, se explicarían os feitos. Na burla está que son os ciudadanos os que pagan os policías pre que os mallen. A explicación da policía catalana de por qué lle rebentou a cabeza o neno é insultante; sendo eles, foi consecuencia un rebote.

0 comentarios