Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

NA RÚA E SEN COVERTURA SANITARIA

  

  O drama de quedarse sen casa, únese o quedar en paro, se ningún tipo de axuda e sen cobertura sanitaria. Os 26.000.000 de parados, as case 400.000 familias sen cobertura sanitaria e eses 400.000 desafiuzamentos, pintan un pais de miseria. Mentres unha boa parte de España vive na indixencia, moi por debaixo do umbral de pobreza, outra parte dos españois viven na opulencia: políticos, sindicalistas, banca e airexa.. a cuestión é cánto tempo aguantará o pais esta situación. Facer que se moven pra que nade cambie, ese é o obxecto do Decreto que aprobou o goberno pra arranxa-lo tema dos desafiuzamentos. Asociacións de xuíces din que é unha publicidade enganosa, e iso é o que é. O goberno, nin arranxa nada, nin ten intención de facelo; solo quere da-la sensación de que fan algo. É un goberno de crápulas, pra crápulas.

0 comentarios