Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

LOGROS DESPOIOS DUN ANO DE GOBERNO

LOGROS DESPOIOS DUN ANO DE GOBERNO

  

  1. Mais paro. Na campaña prometeron acabar co paro. Van a polos seis millóns, e medrando
  2. Aumento da pobreza e as diferenzas sociais. A perda de traballo e da vivenda, leva a xente a vivir na rúa. Os contenedores de lixo e os comedores sociais son testigos da traxedia. Pero tamén a precaridade laboral e a baixa de salarios pros que aínda teñen sorte de ter un traballo
  3. –Contracción do PIB. O nivel de produción baixa, pra que se vai producir si nade pode consumir
  4. Descontrol do déficit. Baixan os ingresos e a actividade económica, polo que é imposible controla-lo déficit
  5. Aumento da prima de risco
  6.   Fuga de capitai. A falta de confianza na marcha económica, orixina unha fuga enorrme de capitais. Mais de .300.000 de euros na época mariana
  7. Morosidade en records. Os bancos deron créditos que a xente agora  non pode devolver, polo que a morosidade acumulada aumenta
  8. Mais de 500 desafiuzamentos diarios. Déronse hipotecas sobre bens sobrevalorados, que unido a perda de postos de traballo, imposibilita paga-las cuotas. Os bancos orixinaron a burbulla inmobiliario, agora seguen enriquecéndose coas desgrazas da xente. E os dous grandes partidos fan que queren solucionalo
  9. Incremento da débeda. O rescate ós bancos e as obras sen sentido, obrigaron a un endebedamento monstruoso. Mentes xestores e banqueiros non pisan a cadea. O PP acaba de blindalos pra que non poida ser procesados

10 incremento da inflacción e o mesmo tempo deflacción, fenómenos  contrapostos, pero que conviven nunha paradoxa

11 retroceso do estado de benestar. O estado do benestar, o que agora culpan  da situación económica, non o mal goberno, é solo un recordo.

12 Retroceso en investigación. Non tíñamos moita tradición en investigación. Había un tímido avance, pero agora oficialízase a súa defunción.

13 retroceso en dereitos laborais e sociais. Coa sempiterna cantinela do goberno de crear emprego, baixo o ditado do poder económico recórtanse os dereitos laborais e sociais, sen mir6amentos e coa maior brutalidade.

14 Educación publica ó borde da ruína. Mentres se crea una educación privada e ideolóxica seuperfinanciada, arrinconase o ensino público.

15 Sanidade en desfeita. A sanidade era dos mellores servizos públicos, pero a cobiza de beneficios da privada empuxa á privatización e o abandono do público

16 infraestruturas paralizadas. Xa non se inverte en infraestruturas e un preguntase que sentido teñen as estruturas administrativas que as dirixían

17 ´Dependencia case anulada. A dependencia déuselle unha patada, e deixana morrer,.

18. España ocupa o último posto  da UE e gasto social. Maiores e, sobretodo, nenos están o borde da exclusión social.

Iso si, xa se ve a luz ó final do túnel, segundo o goberno.

0 comentarios