XUSTIZA POLITIZADA
Di Barreiro Rivas que o alcalde de Lugo non debe caer na trampa e deixa-la alcaldía. Barreiro Rivas sabe do que fala, a el pasoulle o mesmo sendo Conselleiro. Pode ser culpable, tamén e posible de que sexa inocente, eu non son quen de xulgalo, nin vou comete-lo atrevemento de votarlle os cans encima. Non quixera tomar partido, pero a sospeita de manipulación política da xustiza faime desconfiar. Ós edís de Ourense, procesados pola mesma xuíza, parella dun alto cargo do PP, non aparecen agora indicios de delito. Pero que mais da, o mal xa está feito. Mentres os escandalosos casos de corrupción: contratos, probas de aceso pra persoal da Xunta, concursos e un largo etc, nade lles mete o dente
0 comentarios