Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

ACABAR CON ELA

ACABAR CON ELA

 

   Non é unha hipótese, é un feito, pretenden acabar coa clase media. A crise é a desculpa perfecta, pra trazar un plan ideolóxico que deseñe un novo modelo de sociedade. Con ocasión da crise, á clase media póñenselle toda clase de trabas, xa sexa en impostos, en recortes de dereitos, ou calquera outra maquinación, pra facerlle a vida mais difícil, de tal xeito que asalariados, autónomos ou pequenas empresas teñan que desaparecer. No futuro solo haberá dúas clases sociais; os moi ricos e os pobres. Estes últimos non terán outra finalidade que servir á clase poderosa, sendo ese o único fin e razón da súa existencia. A ciencia ficción será superada, existiran dúas clases sociais: Os morloo e os ilois. Os morloo vivirán dos ilois. Os ricos viviran dos pobres, como sempre foi, pero nun futuro iráselles domesticando e modificando xeneticamente, pra que acepten mansamente o seu papel. Hai dúas claras accións que confirman esta opinión: A crise, invento do poder económico, como fenómeno planetario, fana recaer fiscalmente sobre a clase media, co obxecto de destruíla, Os ricos, co invento das SICAV, mantéñense á marxe e a súas fortunas a salvo. A desaparición do estado do benestar prexudica, especialmente,  ás clases medias. Os ricos non o necesitan e os pobres xa non solo lles falta  que lles poñan o chic

 

0 comentarios