Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

ASÍ NON

 

   As sentenzas, sobre o eólico e o ensino do galego, especialmente a do eólico, van a supoñer un duro quebranto pro Tesouro da Facenda Galega, ó ter que indemnizar ós prexudicados polo Decreto de Feijoo. De xeito, vai ser o pobo galego quen pague as arbitrariedades dos seu gobernantes, as chulerías, os caprichos e os compromisos dos seus gobernantes. Sería  difícil de entender que ningún grupo político, ou social, lle esixa responsabilidades económica,  no prexuízo certo e avaliable, que causou con un acto notoriamente prevaricador. Non podemos pretender que os cidadáns cumpran a lei, si son os responsables do goberno os primeiros que as pasan polo arco de triunfo. Finlandia pasou de ser un pais en quebra a triplicar o su PIB, cando decidiron meter na cadea ós crápulas que os afundiron, políticos e banqueiros.. Si queremos ser un país serio e con futuro, hai que esixir responsabilidades penais os gobernantes, xa está ben de fribolidadese de chanzas.

0 comentarios