Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

O NEAL

O NEAL

 

   O Presidente  da A de  Madrid ten empregada a toda a familia, cosanguinea e política na administración da CA. É unha larga lista de privilexiados. Non sei cantos son, pero son moitos. Con todo,  solo é a punta do iceberg. Cargos, pros que non existe plan de adelgazamento de suculentos empregos, copados por amigos do Presidente e familiares de peperos; fan do chiringuito unha endogamia que pugna co desamparo e pobreza do resto dos cidadáns. De ente os gorentosos empregos que hai, chamoume a atención  o da muller de Rato; nomeada presidenta dos paradores, cobra tres veces mais que  o mesmo  Rajoy. supoño que pra paga-la súa elevada nómina,  despediu a 644 traballadores de Paradores. Inútil intentar comprender por qué se pecha hospitais, por qué que recorta no ensino público, porqué se suprimen os comedores escolares, por qué se suprime a teleasistencia,  por qué se suprime as axudas á dependencia, por qué se rescata ós bancos e non as familias. O PP é o instrumento, pero foi o pobo o que puxo nas mans do PP ese poder, poder que eles agora utilizan contra do pobo que lles votou. Dáme ganas de  dicir: que se fodan, pero fodémonos todos

0 comentarios