COMPARTIR
Non compartimos algo excelente. Como país punteiro, compartimos con Soria a excelencia do ladrillo. En Soria constrúen a cidade do Medioambente, en Galiza a Cidade da Cultura. Auténticas sangrías económicas de obras sen sentido, mentres se pechan escolas e hospitais. Pra mais, Feijoo, na investidura prometeu remata-la obra. Solo de pensalo entroume friaxe e vértigo. Queda a esperanza de que, unha vez mais, as promesas de Feijoo as leve o vento e nos vexamos menos posesos da tolemia da Cidade da Cultura.
0 comentarios