Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

NA POLÉMICA

NA POLÉMICA

 

  A maioría dos comentaristas opinan que a Ministra de Traballo, pra que coinciden en calificativos negativos, que é a principal culpable do desastre das pensións e do paro. Ela é o que é; unha persoa que dende que naceu non fixo nada. Por razóns familiares sempre militou no PP. Fixo lo mellor que sabía facer, é dicir, nada. Precisamente foi ese mérito de ser unha persoa sen ambición e sen criterio, o que lle valeu pra ser Ministra de Traballo. Gañadas as eleccións, os que dirixen o goberno na sombra precisaban unha persoa que nos lles puxera ningunha oposición pra falcatruadas que ían facer. Os Ministros, en xeral nulidades, foron nomeados pro cargo, porque a súa personalidade ía permitir que os que manexan os guiñoles teñan a man s libres. A culpa das pensións, do paro, dos desafiuzamentos, do desmantelamento da sanidade, da dependencia, etc. Non é culpa da Ministra de Traballo, nin sequera do goberno, a culpa é de quen lles votou.

 

0 comentarios