Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

CO RECORDO

 

   Nun xulgado de Andalucía vaise a resolver sobre un caso de desaparecidos, o que é o mesmo, achar os restos duns fusilados polos franquistas. É inaudito de que pese os anos transcorridos dende a guerra civil, aínda hai quen pon toda clase de trabas pra atopa-los restos dos fusilados. Incluso sacan, pra xustifica-la súa postura, feitos como os de Paracuellos; cando o certo é que houbo no bando rebelde moitos paracuellos, incluso despois da guerra, pero o importante non é  poñe-los mortos dun, ou doutro bando riba da mesa pra ver que foi mais animal. O que se trata, sinxelamente, é de achar uns restos. Poñendo trabas nunca se vai poder pasa-la páxina.

0 comentarios