NADA SORPRENDENTE
España é un dos países mais corruptos de Europa, segundo os Organismos internacionais. O sistema político, con listas electorais pechadas, pode ser que favoreza a corrupción, o mesturarse os corruptos cos candidatos limpos. O sistema de listas abertas permitiría ós electores escolle-los candidatos. A experiencia demostra que os electores premian a corrupción, así que isto non se arranxa con listas abertas. Pero por algo hai que empezar. É a única esperanza que queda, despois de que o PP anulara de facto o fisal anticorrupción e que indultara a moitos corruptos.
0 comentarios