A MERDA EN FLOR
É oportunista unha crítica dun goberno que é atacable por tódolos lados; pero de certo que non comprendo de que maldición bíblica somos merecentes pra que nos toque ter que aturar semellante atallo de impresentables. Se comenzamos polo presidente, un vago, mentiroso e amoral, seguimos polo Wert, autor da contrarreforma educativa, que solo é receptivo ós postulados dos obispos, un Ministro de xustiza que solo conduce marcha atrás e que mexa auga bendita, unha Ministra de Traballo que parece que recibiu unha pedrada na cabeza e que por eso fai as tolemias mais absurdas, unha Ministra de sanidade incompetente, mentirosa amoral e rencorosa, un Ministro de Exteriores burro, que amenaza a tódolos países, e toda forza se lle vai en ladrar, un Ministro de Facenda que parece un pandillero de barrio, un Ministro de Defensa que actúa de representante das empresas de armamento, ou un Ministro de Economía que será porque lle recorda esto a súa etapa de Lehman Brothers
0 comentarios