NON OS HAI MELLORES
Quero pensar que no PP hai alguna xente normal, que non todos son como os gobernantes e os que lles aplauden. Si así non fora, que a divinidade nos asista. A lideresa, a que nunca se foi de todo, xa se postula para liderar un proceso de rexeneración democrática de saneamento ético dentro do PP. Costa crerlle ó recordar o tamayazo, os espías ordenados por ela, a liquidación do prestixio profesional do Dr Montes, o deterioro do sistema sanitario e a educación pública, e a guinda do casino de xogo de Eurovegas.
0 comentarios