SOBRES
O dos sobresdebe ser algunha marca de identidade peperra; pois o Arturo Fernández tamén parece que facía uso e abuso desa forma de manexa-los negocios. Aínda que se pode dicir que sempre buscou a proteción do árbore que estivera no poder, adoptando unha camuflaxe camaleónica, é notorio o seus vínculos co PP, specialmente con Esperanza Aguirre. Os seus negocios, xa sexa en comedores escolares, hospitais, Ministerios, etc, proliferan mais á sombra do PP; pero non é exclusivo. Servil cos de arriba e duro cos de abaixo, non é unha clase única de empresario; as súas técnicas son mais habituais do que deberan ser nun país cunha ética tolerable. Parece que a falsidade documental, fraude a Facenda, a seguridade Social e vulneración do Estatuto dos Traballadores é algo corrente.
0 comentarios