Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

COMO UN CAÑON

 

  Di un deses iluminados de Xénova que a reforma laboral vai permitir crear emprego como si fora un canón. Estes iluminados, cretinos e mentireiros, non paran de soltar paridas. Ante a falta de datos que amparen as súas mentiras, recorren o vello método de repetir insistentemente unha mentira pra que semente a dúbida de que pode ser verdade. Por moito que os gurus do goberno mintan, a reforma laboral, lonxe de crear emprego, segue destruíndo emprego a un ritmo de 1800 empregos diarios, o cal de por si podía valer como argumento pra derogala; pero ten mais lixo nas súas tripas, permitiu unha transferencia da renda dos traballadores ós empresarios, que se estima en 55.000 millóns de euros, empobrecendo á clase traballadora a límites inhumanos, arruína a seguridade social, rebaixou o consumo interno e crea incertidume entre a xente que lle condiciona os proxectos de futuro como familia, vivenda, etc.

0 comentarios