FEIJOO DI QUE NON DI
Feijoo non da, case nunca, resposta ó que se lle pregunta. Querían que falase da corrupción, especialmente no Concello de Santiago, pero el falou da solvencia da Xunta; unha solvencia que se asenta, fundamentalmente, en dous pilares restrición do gasto social e de inversión, e nunha espiral de endebedamento nos mercados financeiros, moito mais caro, rexeitando recorrer á axuda do Estado, como fixeron outras autonomías; porque facelo sería admitir, que as súas bravatas aséntanse en falsidades contables e nun distorsionamento da realidade. Todo iso como coroación a posta en marcha dun potente ventilador que cisque a merda, real e ficticia, pola terra de Breogán. O PP, por moi evidente que sexa, nunca admitirán unha culpa, eles, aínda que a teñan, non a teñen. !Que van ter eles culpa!. Imposible. Eles son a realidade necesaria.
0 comentarios