Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

UNHA AREA NO ZAPATO

 

Chávez era unha molesta área na bota yanki. Os que neguen a súa gran labor en favor dos pobres de Venezuela e dos pobres de Sudamérica en xeral, ou ben son persoas mal informadas,  ou é alguén con malas ideas. Dende a súa chegada ó poder escolarizáronse en Venezuela a mais de dous millóns de nenos condenados o analfabetismo, fixéronse intensas campañas sanitarias en zonas illadas e en colectividades marxinais, reduciuse a diferenza entre ricos e pobres nun 40%, os cidadáns  venezolanos adquiriron a autoestima perdida. Dende Che Guevara non houbo outro personaxe que loitara pola la liberdade e dignidade de Sudamérica. Era un personaxe apaixoado, extravagante en certos momentos instriónico, pero dicía o que consideraba era a verdade. O empeño, aínda que nos soe a ocorrencia, de países bolivarianos, ten sentido; Bolívar foi o gran liberador, exemplo a seguir. Non podemos xulgar a Chávez dende Europa, menos dende España, onde as desigualdades sociais se disparan, o paro é escandaloso, miles de nenos van a escola sen comer, a corrupción é habitual, a airexa é medieval e o país endebedado e arruinado. ¿Cál é a nosa forza moral?

Chávez un símbolo que nos guía fronte ós explotadores. Incómodo pros EEUU e o capital usurero e explotador, segundo insinuou Maduro, o seu mal foi provocado. Non hai argumentos pra afirmalo, casos similares se deron. Fidel resistiu o capitalismo, aínda que o intentaron derrocar con invasións dende Florida; pero si aínda vive é porque non ten petróleo, nin nada que roubar.

0 comentarios