Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

UN GOBERNO XORDO

UN GOBERNO XORDO

 

 

 As manifestacións a prol do galego son multitudinarias, pero iso non move nin un milímetro a Feijoo da súa folla de ruta. Xa sexa co seu falar macarrónico de analfabeto, chapurrando un galego no que se asasina a linguaxe, e que a ben seguro a el lle parece unha forma inxeniosa de facer obstentación do seu menosprezo ó galego, pero que non deixa de ser unha mostra patente da súa ignorancia; ou con políticas agresivas en contra do ensino do galego pra expulsalo das aulas, recorrer a sentencia contra do seu decreto de plurilingüismo, da man de monolingüe. E pra coroar as ofensas  nomear a Marta Rivera, declarada antigaleguista pra que interveña na homenaxe a Rosalía. Este home é un provocador.

1 comentario

Secretario -

Que vergoña que o goberno GALEGO, que di representar os intereses de GALICIA (así con maiúsculas) se atreva a rebater unha sentenza xudicial que pon en tela de xuizo a súa política coa lingua da terra. Cousa de tolos!!!