UN BOTÓN DE MOSTRA
A morte dunha doente no servizo de urxencias dun hospital de Vigo, non é mais que unha alerta do que pasa e vai pasar no futuro inmediato da sanidade. O PP ve a sanidade como un negocio e tódolos atallos lles parecen oportunos pra cargarse a Sanidade. O que pasou en Vigo pode pasar en calquera servizo de urxencias de calquera hospital galego, nos que os doentes se amorean e soporta horas de espera. A causa esencial son os recortes do PP. Pero o mais collonudo é que o SERGAS intenta culpar ós profesionais da sanidade das consecuencias da súa Política homicida. Mentres recorta persoal sanitario e material sanitario, dota de 800.000 euros a un servizo de capelláns católicos. A vítima non tivo médico pra salvarlle a vida, pero seguro que tivo un cura pra que salvarlle a alma. O intento de culpar ó persoal sanitario está na comisión de investigación, que seguro chega á conclusión de que o responsable foi un celado. O mismiño que a comisión que inventara Feijoo con motivo das probas trucadas para acceso de persoal da Administración Autonómica, que non solo evidenciou o tongo, senón a inutilidade e inoperancia da oposición e a profesionalidade e independencia da xustiza
0 comentarios