Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

UN PASADO E UN PRESENTE

UN PASADO E UN PRESENTE

 

  A relación do PPg co contrabando galego foi dunha estreita colaboración e apoio. A foto de Rajoy paseando polas rías a bordo dun barco dun coñecido contrabandista galego, custoulle o posto ó directo do Xornal, e o posterior peche deste medio. Como non podía ser menos, nos mediados dos noventa, Feijoo era íntimo amigo de Marcial Dorado, do que agora di que descoñecía a súa actividade delictiva. Debía ser o único galego que descoñecía as actividades de Marcial Dorado, por aquelas datas xa fora detido, ó menos, dúas veces. Marcial Dourado un dos mais poderosos contrabandistas galegos. Feijoo frecuento a súa casa e paseou polas rías, na súa compaña, a bordo dun yate, pero tamén lle acompañou a Andorra e a Portugal, lugares nos que os contrabandistas galegos gardaban as ganancias. Non hai cuantificación do apoio económico dos contrabandistas ás campañas electorais do PPg, nada se pode demostrar, porque todo é ilegal; pero ignorar esta posibilidade é de unha candidez indefendible. Nade lle preguntou a Feijoo por este caso é polas curiosas relacións do PPg cos contrabandistas, que fan de Galiza a  Sicilia galega. Fernández Albor tivera unha reunión nun hotel de Portugal con numerosos contrabandistas refuxiados naquel país. Un dos asuntos a tratar era o seu regreso a España, sen ser perseguidos, cousa que así foi. Así que a relación do PPg co contrabando a ben de vello. Esta relación íntima, incluíu a militancia no PPg de coñecidos contrabandistas como Terito, pero outros prestaban apoio dende fora da organización. Nas primeiras eleccións autonómicas de Feijoo, o PPg sacou á luz unha foto do vicepresidente do goberno galego, Quintana, a bordo dun barco dun empresario, e aínda que o empresario non era un delicuente, o PPg explotou ese feito, coa compracencia e indolencia compracente de Touriño, que dispoñía de materia gráfico pra desacreditar a Feijooo, pero considerou mais importante derribar a Quintana, e así lle foi. Fonte esencial da información diario EL PAIS

 

4 comentarios

gemis -

Están todos de viraxe marcial onde o diñeiro da illa, os seus conselleiros eran persoas políticas e cego. Pénsase que o seu administrador-xefe e conselleiro era un FRACMASON de alto cargo da gran Tenda de España, ten carga de imaxes con empregados na fábrica, a mesma persoa que foi de Madrid seu diñeiro e conseguiu os seus negocios, parado hai uns anos , está claro que o PP servizos de recolleita e fixo a contabilidade Maçons dourado marcial.

Felisa -

ja, ja, o que me podía rir eu se ordenan de tirar do fío da conexión PP-Narcotráfico/contrabando en Pontevedra. Teñen para máis capítulos que Dinastía, xa volo digo eu. Míticos militantes como o ínclito Nene de Ribadumia e moitos máis nas agrupacións de Poio, Cambados, a Illa de Arousa ou Vilanova. Puff, teñen para divertirse a esgaia. Mágoa que non lles interese levantar moita polvareda, porque todos están enmerdados, que senón!!!

Valadouro -

Máis alá dos "negocios" que poidese ter o Sr. Feijoo co tal Dourado (seguro que uns cartonciños de Winston caeron, eh pillabán??; o actual presidente da Xunta no seu día fartouse de pedir a demisión do Sr. Anxo Quintana por unhas fotos cun empresario da construción (nunca imputado por nada) nun iate. Dicía textualmente " o goberno non pode fotografarse con malas compañías" e agora cambia totalmente de discurso e como lle afecta a el non pasa nada. Este é o mal endémico dos politicos (dun signo ou outro) que segundo quen sexa o afectado din unha cousa ou a contraria e non se decatan que ao facelo perden todo atisvo de credibilidade!!

Devanceiros da Terra -

De vello e de lonxe ven a relación do PPagallo cos contrabandistas de Arousa. Noticias frescas, iso sabémolo dende hai moito tempo.