ALGO OBVIO
A surrealista explicación de Feijoo sobre as fotos co capo Dorado fan que se lle sonroxe a un as meixelas. A explicación é así de sinxela,: unha foto é unha foto. Naturalmente que é obvio que unha foto é unha to, é a constatación gráfica dun feito. Documéntase a amigable compañía de Feijoo cun narcotraficante. Ademais hai as viaxes acompañandoo a Andorra e a Portugal. Non fai falta esforzarse moito para supoñer ós motivos dos viaxes A "irrelevancia" que o titular do Goberno galego atribúe ás fotos contrasta coa présa con que publicou un comunicado oficial, á unha menos cuarto da madrugada dun día feriado. Por derradeiro, La Voz apunta é a "intención de me amedrentar" que o conservador achacou a dirixentes do PSOE, que o terían
"ameazado" con filtrar as imaxes á imprensa "se o PP non suavizaba os seus ataques" durante a campaña electoral de 2009. A mesma campaña en que o ABC
recuperou unha imaxe de Anxo Quintana no iate de Jacinto Rey que La Voz si reproduciu nunha información que ía precedida das palabras ’Polémica imaxe’.Feijoo dixo descoñecer a que se dedicaba Marcial Dorado, era o único en Galiza
que non o sabía. Noutro país xa houbera dimitido, pero na Galiza brumosa as
cousas son distintas, porque este compadreo xa se da por suposto
0 comentarios