Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

NON QUEREN ENTENDER

NON QUEREN ENTENDER

 

   Á vista do dito polo Deputado do PP, o sr. Floriano, o PP non entende o problema dos desafiuzamentos, non é un problema de ideoloxía. O Problema xurde cando ós cidadáns lles baleiran os petos, os deixan sen traballo e lles quitan a dignidade. O PP inchou ós bancos cos nosos cartos pra que se queden cos nosos pisos. Floriano non quere que a xente se queixe, iso tamén o queren prohibir, pra el non valen nada millón e medio de sinaturas, quere un pobo mudo e obediente. De nada serviu que a UE lle tirara a España das orellas pola inxusta Lei Hipotecaria. Queixase do escrache, que é o único xeito pacífico de protesta que teñen de protestar os estafados, e esquécese do que facían na oposición o PP e a airexa.  Mentres os estafados se manifesten pacificamente non son un problema, pero se xente como Floriano os empuxa á radicalizade as cousas poden poñerse moi desagradable.

1 comentario

Doraemon -

Efectivamente, eses apestados fan moito ruido, que se vaian ladrar outro lado!!! As familias-bien do PP non queren pulgosos as súas portas, preferirían que lles lanzasen froles e loubanzas ao seu paso. Merda de populacho!!