SEN DESGASTE
Feijoo gaño as últimas autonómicas por una ampla maioría absoluta con solo o 27% dos votos dos posibles electores. Despois de facerse público un segredo, xa coñecido, coa súa relación cos narcos, solo un 61% dos galegos consideran que non deu suficientes explicacións. Sen risco a equivocarse, dentro do 39% restante está eses fieis, para quenes carece de importancia calquera falcatruada de Feijoo. Pra afirmar mais o se xeito de pensar e despexar toda dúbida, acudiron en trompa as huestes peperas en defensa de Feijoo, sementando o putrefacto aire co incenso da manipulación. O Portavoz peperro do Pazo do Hórreo calificou as publicación das fotos de ataque á democracia, o cal nos di que os peperros queren vivir nun mundo de cegos e mudos, co que coincide o Conselleiro da Presidencia, partidario de restaura-la censura. Tamén o Valedor do Pobo se pingou no caso, considerando mais importante a protección de Feijoo que as vítimas dos narcos por suposto no faltou o capote de Romay, con esa voz característica, o seu discípulo, aproveitando diante dos cachorros peperos pra dar a súa particular visión da crise, que carga de impostos ós ricos. Os pobres son unha traxedia que mais que socorrer hai que ocultar. Pero a guinda foio a interpretación que fai Feijoo do dito polo xuíz Taín, que lonxe de aprecia-la amarga e lamentosas declaracións de Tain, as considera como feitas o seu favor.
1 comentario
Maria -