Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

LUGARES COMÚNS

LUGARES COMÚNS

 

 

  De sobra coñecido o personaxe, non era de esperar que a comparecencia de Feijoo diante dos Deputados do Hórreo servira pra aclara-las súas relacións con Marcial Dorado.  Deixou caer que o bipartito tamén lle dera subvencións ás empresas de Marcial, cousa que sería normal e que evidencia que o bipartito non necesitaba a amizade de Marcial pra recoñecerlle o dereito a axudas pra empresas legais, pero ese non era o obxecto da comparecencia. O obxecto era a súa estreita relación con un narco, o acompañamento ó personaxe pola ruta do bacallau. N ada deso explicou, porque hai cousas de difícil explicación, pra iso o mellor sería a censura que propoñía Rueda. Foi a comparecencia dun personaxe zafio e vulgar que se quixo presentar como a medida do honrado, coa súa clásica prepotencia e soberbia. O mais claro que quedou, por non dicir o único, foi que a oposición non estaba lexitimada pra face-la interpelación; porque as credenciais de lexitimidade das el, e non lles las deu. Polo demais, Feijoo fixo oidos xordoa çáspreguntas e tratou de conduci-lo debate a lugares comúns, min minimizando a súa relación con Marcial Dorado. Contrastou o desgarro dos familiares das vítimas dos narcotraficantes que, dende a tribuna tiveron que escoita-lo cinismo de este personaxe.

0 comentarios