UNHA ESPERANZA
Maduro fixo unha campaña entre istriónica e excéntrica, chea de errores, que deron a medida dun candidato froxo, sen programa, solo recorrendo a memoria do pasado, facendo patente a súa incapacidade pra manter a política do líder morto. O seo opositor, e nunca mellor dito, inimigo, apoiado polos medios ilimitados da CIA e da mafia de Florida, xa amosa a súa decisión de non respeta-los resultados electorais. A ver si o exército e capaz de contelo; porque este avogado das multinacionais, con compromisos co capital, mais avaro, non vai deixar de pasa-la oportunidade de poñer as riquezas de Venezuela nas mans dos seus amigos. É dubidoso que Maduro, que se comportou como un personaxe zafio e mal educado, ofendendo a homoxesuais e mulleres, teña capacidade pra enfrontarse ós retos que se lle presentarán. Tiña inimigos dabondo, sen necesidade de crear mais. Intentar soster as economías da meirande parte de Sudamérica, tróuxolle a Venezuela moitos problemas económicos e non poucos inimigos, con todo, no plano interno hai que salientar grandes logros.
Por algo, Chávez era o inimigo da dereita multinacional: Velaquí algúns logros de Chávez e a súa Revolución Bolivariana, segundo organismos da ONU (CEPAL, PNUD, OMS e UNESCO), o Banco Mundial, Fondo Monetario Internacional, e outros.
A pobreza relativa pasou do 70,8% en 1996 ao 21% en 2010; e a pobreza extrema do 40% ao 7,3%.
Máis de tres millóns de hectáreas de terra foron distribuídas entre os campesiños, que tamén recibiron 454.238 créditos.
A desnutrición xeral reduciuse do 21% ao 5% da poboación, e a desnutrición infantil do 7,7% ao 2,9%.
O salario mínimo é de 462 dólares, o máis alto de Latinoamérica, e creceu máis rapidamente que o custo da canastra alimentaria.
O desemprego pasou do 16,6% en 1999 ao 7,9% en 2012. A duración do traballo semanal pasou de 44 horas a 40 horas.
Estableceu un sistema de indemnizacións por despedimento, cun mes de salario por cada ano traballado.
O permiso por maternidade estendeuse de 18 a 26 semanas.
Despois das inundacións de 2011, o goberno construíu 346.798 casas e apartamentos, en só 20 meses.
O número de clínicas (hospitais, centros de saúde e outros) pasou de 5.081 a 13.721. O número de médicos subiu de 18 a 58 por cada 10.000 habitantes.
. A "Misión Milagre" (oftalmoloxía) devolveu a vista a máis de 1,5 millóns de venezolanos (operacións de cataratas e similares).
. O goberno de Chávez eliminou o analfabetismo e aumentou o número de mestres de 65.000 a 350.000 nas escolas públicas.
. A educación é gratuíta dende a gardaría ata a universidade. O 72% dos nenos asisten a gardarías públicas, e o 85% ás escolas tamén públicas.
. Os matriculados en educación superior son o 83% (por enriba de Estados Unidos, Xapón, China, Reino Unido, Francia e España).
. Hai 14 anos, 387.000 venezolanos cobraban unha pensión de xubilación; hoxe cóbrana 2,1 millóns
. O índice de Gini, que mide a desigualdade económica, baixou do 0,48 en 1998 ao 0,38 en 2010; é o máis baixo do continente.
0 comentarios