ASALTO ÁS PENSIÓNS
Non é a preocupación polo futuro das pensións o que lle inqueda ó goberno, senón a posibilidade, mellor a certeza, de dar unha boa tallada ós voitres. Hai máis dunha década que os sabios urxían a reforma das pensións, con estudos moi sesudos sobre a viabilidade futura das pensións. Eran tamén expertos, como agora. Pero recordo o inicio do negocio privado das pensións, aló polos oitenta, os bancos e aseguradoras xa emitía estatísticas e informes. Evidentemente, tratábase de informes financiados por bancos que trazaban o escenario máis desalentador, aventurando o final do sistema. O sistema, pese ós parasitos, segue, n ingunha catástrofe das anunciadas sucedeu. O que fallaran as predicións de entonces, non é garantía de que o sistema non teña graves problemas no futuro. Unha cousa é certa, o medo é unha gran fonte de negocio, e o goberno, si en lugar de mete-las súas sucias mans na caixa, organizara estudos independentes, daría mais tranquilidade. Dos doce “sabios”, oito son de sectores con intereses, e nin sequera os outros catro teñen garantía de independencia. Destes mimbres está feito o estudo co que pretenden dar o machadazo ás pensións
0 comentarios