Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

OS ESTAFADORES

OS ESTAFADORES

 

   Os titulares de preferentes e subordinadas ven caer sobre as súas cabezas a guillotina do recortes os seus aforros, que veñen impostos dende o goberno. Digo aforros, non inversións, porque a xente atrapada nesta estafa non se lle supoñen os mais elementais coñecementos do mercado de valores. Na súa maioría son persoas de avanzada idade e que a única preocupación era aforrar, cando os bancos, necesitados de recursos, inventaron uns produtos complexos, co único obxectivo de conseguir recursos pra cubrir uns furados de xestión deficiente, coa conivencia do Banco de España, encargado, en teoría, de velar pola xestión financeira. En lugar de dedicarse o cometido que tiña encomendado, Fernández Ordóñez dedicouse  a aconsellar sobre recortes no mercado laboral. Agora, tras o rescate bancario e as estafas das preferentes, Fernández Ordóñez xubilouse, cos riles ben abrigados, cunha obscena indemnización, que el mesmo se fixou, sen que responda do dano causado no sector financeiro. O goberno, fiel protector dos intereses da banca, legaliza a estafa.

0 comentarios