Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

ALCALDADAS

ALCALDADAS

Der Spiegel asombrado relatou unha historia que ilustra perfectamente o escandaloso da nosa situación. Referíase á Alcaldesa de Madrid, cuxo único "mérito" é ser a señora de Aznar.
O semanario non daba crédito, "o concello é un pazo cuxa remodelación custou 500 millóns de euros!!! ", "o seu despacho é maior que o do Presidente dos Estados Unidos", ten "un mordomo cuxa única función é servila o café", e 260 asesores persoais e altos cargos que cobran de media 60.000 euros.
O Concello posúe, ademais, 267 coches oficiais de uso persoal, máis que todas a capitais da eurozona xuntas. É unha dministración sen medida, a ostentación suntuaria máis indecente no medio dunha penuria extrema, onde Cáritas tivo que atender a mais dun millón de persoas e un 26% dos nenos vive por debaixo do albor da pobreza. E o pais en situación de rescate. Como se atreve a ir a misa e a saír á rúa? E este é o problema, porque non é a excepción, é a regra

0 comentarios