A PRRESION SOBRE O TRABALLADOR
Coa co PP chama a reforma laboral a fenda entre os rendementos do capital e do traballo agrandouse, nalgúns casos, de xeito exponencial. Por termo xeral, o beneficio empresarial medrou un 4%, mentres o do traballo baixou un 3%. Xunto a este incremento dos beneficios da empresas, xa sexa debido a unha relaxación fiscal e unha explotación do traballador, está aquelas empresas en apuros de financiamento e de retraemento de consumo. Podíase resumi-la situación coa seguinte parábola:
O repertorio popular fálanos dun home que tiña un burro que lle axudaba no labor de arar as terras. Un día, o labrador pensou como podería alcanzar maiores beneficios?. Ocorréuselle que aforrar era a solución e de onde debía de aforrar? concluíu que debía ser do alimento do pobre animal. Puxo en práctica a súa folla de ruta e pasadas dúas semanas o asno faleceu. O triste propietario do burro lamentábase: "Agora que acostumara a non comerse, vai e se me morre... "
0 comentarios