Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

 

A  xustiza quitouse a venda dos ollos, xa non é cega, agora ve moi ben a quen xulga. Hai personaxes que están por enriba da xustiza, solo responden ante Deus. O mais sobranceiro é que as inxustizas da xustiza xa se cometen á luz do día, sen ningún disimulo. A prepotencia é tan grande que fan as meirandes falcatruadas sen a mais mínima preocupación en disimulalo. O xuíz Silva pagará moi caro ter encarcerado ao banqueiro Blesa... Porque neste país aos banqueiros non se lles toca, aínda que os seus atropelos sexan máis que evidentes para todos. E porque Blesa é, ademais, amigo do intocable Aznar e pedra no alicerce da financiación do PP. Todos somos cómplices do macabro funcionamento dunha xustiza endogámica, que sempre estivo do lado do poder. A xustiza é un instrumento dunha casta, aínda que algúns incautos pensen que é un servizo público, a disposición do ciudadano

0 comentarios