Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

OS ANTISISTEMA

 

Os antisistema chámanlles ós que manifestan o descontento na rúa, ós  que din non teñen pra comer, ós parados, os desafiuzados, etc. Pódennos deixar sen traballo, sen vivenda, sen servizos sociais, pero non temos dereito a queixarnos. Temos que asumi-lo noso papel. Somos o soporte de vagos e maleantes, o seu alimento, que nunca debe faltar na mesa de esas crases previlixiadas. Non está permitido soñar, porque si o facedes sodes uns antisistema. O sistema é o que inventaron os explotadores, os que viven del, e sobre o que non debemos dubidar.

0 comentarios