Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

QUÉ QUEDOU

 

 Quedou a sensación de bochorno, de ridícula opereta, na que se interpretaron os papeis predeterminados, xa sabidos. Cada partido estaba mais pendente de satisfacer a súa clientela que de chegar ó fondo do asunto; especialmente Rajoy que, poñendo cara de inocente, parecía que a cousa non ía con el. Non sabemos, ou si o sabemos, porque Rajoy defendeu a Bárcenas, o Presidente, o defender a Bárcenas ten un problema i é que a medida que o corrupto fale, vai  quedar co cu ó aire, aínda que pra un presidente que está afeito a face-lo parvo, dálle o mesmo. O problema é que detrás ten mais corruptos que lle están animando a que aguante, que tire polo medio pra diante, que si dimite déixaos en pelotas. Por iso, malia que a oposición llo pediu, non pode dimitir. Será o monigote pra tapalos. O país a ningún deles lle importa.

 

0 comentarios