MISERABLE
A comparecencia de Rueda no Parlamento do Hórreo pra falar do accidente do tren, mais que un relato dos feitos, foi unha loubanza do ben que o fixo a Xunta, foi a comparecencia dun miserable que non admitiu os graves fallos de coordinación e asistencia, utilizando a traxedia pra esconde-las carencias. Ademais de que non contestou a ningunha pregunta, adiantou a intervención, sen coñece-las causas do sinistro. Pero non era a verdade o que lle interesaba, o seu intres era solo espallar un pouco de incienso sobre un podrido goberno.
Non explicou por qué o camión de comunicacións tardou as horas en chegar lugar do sinistro.
Non explicou por qué no interviren os helicópteros, con un lugar amplo e seguro pra aterrar.
Non explicou quén tiña que dar a alerta dous
Non explicou por qué algúns feridos foron derivados a centros privados, cando ó lado había un hospital público que non utilizaron.
Non explicou por qué os veciños de Angrois, durante moto tempo, foron os únicos e auxilialas vítimas.
Non explicou que os veciños de Angrois suministraron mantas, auga, luz e palés pra traslada-los feridos e os cadáveres, etc ;en lugar da Xunta
No explicou por que servizos esencias de hospitais públicos estaban pechados, dándolles literalmente coa porta nos fociños ós profesionais que se presentaron voluntariamente a traballar.
Non explicou o caos no auxilio, solo superado por unha entrega total do persoal.
Seguro que pensaba mais na festa do albariño, que na traxedia do accidente. Se non no se atopa explicación.
É obsceno facer política partidista e rastrera ca dor, cos mortos, cos feridos. ¿Non terán un pouco de ética, ou descoñecerán o qué é?.
0 comentarios