Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

A SANTA ALIANZA

 

   Hai unha santa alianza entre a virxe do Rocío, a lagarta e a Ministra do paro. A forza dos argumentos da una razón de ser a esta triple alianza. Bañez, Ministra do paro, asómbranos con ese contundente argumento de que se salvaron 225000 empregos, grazas a súa reforma laboral e, por suposto á intervención da Virxe do Rocío. A reforma laboral acelerou a destrución de emprego, precarizou o traballo e, xunto coas maxistrais medidas fiscais, reduciu o consumo interno. A proposición da lagarta de reduci-los salarios nun 10% está na liña da política laboral do goberno, e aínda que podería mellora-las exportacións, restrinxiría, aínda mais, o consumo interno. Pero de prexudica-las exportacións xa se encargou o Ministro de Industria, convertendo a electricidade na mais cara de Europa

 

 

0 comentarios